
Taller de Encadernación _ Legendary Tales Editions
Setembro 23 @ 11:00 AM - Outubro 7 @ 2:00 PM

Polo éxito que tivo, e as solicitudes que nos achegastes para organizar unha nova edición, acollemos de novo no Mercado o taller de encadernación de María Ramírez, de Legendary Tales Editions.
Este obradoiro ten como obxectivo aprender a elaborar o noso propio block de notas de tapa dura.
Aprenderemos a:
- Facer un cosido de follas coa técnica da caneta francesa.
- Encadernación dun block de tapa dura.
- Douraremos as follas.
- Colocar gardas para protexer o contido.
- E a dar o toque final especial: decoraremos con motivos dourados, lettering ou debuxos dourados con punta térmica.
Empregaremos papel de alta calidade para crear o corpo do noso libriño e remataremos cunha encadernación monocromo ou a dous tons, segundo queiramos personalizalo. Imos ter ao noso dispor unha ampla variedade de papeis especiais que nos axudan nesa personalización.
A duración do taller son tres sesións de tres horas.
Aquí deixamos mais detalles desta formación:
Taller de: Encadernación dun block con tapa dura
Técnica: decoración con lettering e debuxos con punta térmica e dourado das follas
Formadora: María Ramírez
Marca: Legendary Tales Editions
Lugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade
Datas do taller (duración de 3 días): sábado, 23 de setembro / 30 de setembro / 7 de outubro
Horario: 11:00 – 14:00 h
Custo do taller: 85 € (todos os materiais incluídos)
Reserva a túa praza aquí: https://www.legendarytaleseditions.art
Contacta coa formadora:
_ Correo electrónico: legendarytaleseditions@gmail.com
_ Teléfono: 644 949 390
Coñece o traballo de María:
Instagram: @legendary_tales_editions