loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Taller de elaboración de velas aromáticas _ BJ Candle Studio

Marzo 18, 2023 @ 11:00 a.m. - 1:00 p.m.

40€

Se che gustan as velas aromáticas e queres aprender a facer unha, a nosa compañeira Elena ten preparado o obradoiro que estás buscando.

Toma nota:

En que consiste o taller?


Neste obradoiro imos partir desde cero, para crear, coas nosas propias mans, unha veliña aromática.
Debemos coñecer os principais tipos de cera, as características de cada unha delas e como diferencialas. Elena xa ten unha longa traxectoria neste eido e vainos ensinar a recoñecer diferentes ceras, características destas e por que elixir unha ou outra.
Aprenderemos cales son as partes e elementos fundamentais que deben estar si ou si, no proceso de elaboración dunha vela profesional.

Por que asistir a este obradoiro?
Porque es unha persoa á que lle gustan as vel

as aromáticas, coñeces o valor destas, como nos acompañan e como fixan recordos asociados a determinados aromas, deses momentos especiais.
Porque levarás unha vela aromática, profesional, feita por ti, coas túas propias mans.
Porque aprenderás a diferenciar que velas consumir e por que.
E todo isto vai acompañado dun resumo para ti de todo o proceso de elaboración e unha lista de tendas online nas que poder conseguir estes pequenos-grandes caprichos.

Precisas mais razóns?

 

Actividade: Obradoiro de elaboración dunha vela aromática profesional
Autora: Elena Mahía
Marca: Bj Candle
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: sábado, día 18 de marzo
Horario: 11:00 – 13:00 h

 

Para que coñezas o traballo de Elena, aquí deixamos as súas RRSS:

Instagram: @bjcandlestudio
Facebook: BJ Candle Studio
Pinterest: BJ Candle Studio

Merca o teu taller aquí Mercar

Detalles

Data:
Marzo 18, 2023
Hora:
11:00 a.m. - 1:00 p.m.
Custe:
40€
Categoría do Evento:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando