Loading Events

« All Events

✨ Do taller ao Mercado Galego da Creatividade ✨

Outubro 6 @ 10:30 a.m. - Outubro 16 @ 8:30 p.m.

Do 6 ao 17 de outubro, o Mercado Galego da Creatividade acolle unha exposición de Amor ó Teu, o proxecto de Sandra de Rego, deseñadora e artesá especializada en estampaxe artesanal.

Nesta ocasión poderá descubrirse unha selección de pezas creadas e estampadas no seu propio taller: ☕ tazas e termos, 👕 camisetas e camisas e 🖼️ láminas estampadas e enmarcadas.

Cada peza nace do traballo artesanal e do coidado polos detalles, combinando deseños propios con colaboracións con artistas galegos. Unha proposta na que o deseño, a estampaxe e a identidade galega se encontran para dar lugar a pezas únicas e feitas con calma. 🌿

Unha oportunidade para coñecer máis de preto o universo de Amor ó Teu e descubrir como a tinta, o deseño e o traballo feito coas mans poden converterse en obxectos para desfrutar no día a día.

📍 Mercado Galego da Creatividade · Santiago

📅 Do 6 ao 17 de outubro

Cartel e texto: Amor ó Teu

💙 Agardámosvos no Mercado!

#mercadogalegodacreatividade #creativasgalegas #amoroteuestampaxeartesanal #serigrafía #santiagodecompostela

Details

Start:
Outubro 6 @ 10:30 a.m.
End:
Outubro 16 @ 8:30 p.m.
0
0
Tu carrito
Tu carrito está vacíoSeguir comprando