Formar parte dun grupo heteroxéneo no que as persoas partimos de habilidades e experiencias diferentes e traballamos en sectores do mais diversos, obriga a que todos e todas as integrantes do mesmo aprendamos a cooperar e a coordinarnos para conseguir un mesmo obxectivo común.
Isto supón un reto de autocoñecemento diario, de análise do grupo e das súas funcións individuais e colectivas, saír da zona de confort para adaptarse cada vez mais a esa diversidade e en consecuencia, unha gran aprendizaxe e crecemento persoal.
Pouco a pouco as marcas Creativas Galegas imos aprendendo a navegar dentro desta diversidade colectiva e sabedes que é o que sempre destacamos? A aprendizaxe adquirida dunhas a outras e como pouco a pouco nos imos convertendo na mellor versión de nós.