II Pop up Nadal 2021 no Mercado Galego da Creatividade

Seguimos dando a coñecer a mais marcas do colectivo a través desta segunda pop up. Actividade: pop up de Nadal Marcas: Bonecotolo DAARAY NDIAKHASS M_Cabana Wakau Atlantic Coast Lugar: Mercado Galego da Creatividade Datas: 26 de decembro – 5 xaneiro   Sigue o traballo destes creativos e creativas. @bonecotolo @molarescabana @wakau_atlantic_coast @daarayndiakhass     @xuntagalicia ... Ler máis

Escaparate Vivente do ‘Apalpador’ _ Iluisionarte e Carlos Labraña

Un Escaparate Vivente moi especial xa que imos facer unha performance entorno ao personaxe do Apalpador. Luis de Castro, das marcas Iluisionarte e Devoltaemedia, colabora co dramaturgo Carlos Labraña para facer esta representación. Partimos dun manequín que xa advertimos que é máxico. Durante o proceso iremos vestindo e caracterizando a manequín para caracterizalo hasta obter ... Ler máis

Escaparate Vivente de amigurimis _ Boneco Tolo

Que son os amigurumis? Pois esta tendencia ou moda vén de Xapón e consiste e tecer bonequiños pequenos de tecido mediante as técnicas de croché ou ganchillo. Estes bonequiños teñen formas de animais como coellinos, gatos, cans..., ou de comidas, plantas... E por suposto, que non aproveita para facer personaxes da ficción de series ou ... Ler máis

Escaparate Vivente de xoiaría _ Asuntos Imaxinarios

Diana fabrica as súas xoias baixo a marca Asuntos Imaxinarios. Esta creativa sempre está a procura de técnicas e materiais, que ademais de ser alternativos, reduzan o impacto ecolóxico do seu oficio. Inspirada en formas que evocan a tradición galega e con materiais como arames de trastes de guitarra, cristais ou cravos de ferrar, vai ... Ler máis

Escaparate Vivente de blockprinting _ amorote printing workshop

Gústache afondar nas técnicas de estampación artesanais? Gustaríache coñecelas para estampar os teus propios deseños? A persoa que necesitas coñecer é a Sandra de amorote printing workshop. A través deste Escaparate ensinaranos a técnica do blockprintin, unha das formas de estampación mais antigas. Sandra vai crear un selo que nos permitirá logo estampar unha tea ... Ler máis

Taller de pintura _ Lúa

Taller de pintura impartido por Lúa: Para amantes da arte, e aquelas persoas que desexan experimentar e sacar a artista que levan dentro, o sábado, día 5 de febreiro, temos un taller artístico no Mercado Galego da Creatividade (Rúa da Caldeirería - 36, Santiago de Compostela). Dálle renda solta á túa creatividade e goza dos ... Ler máis

60€

Escaparate Vivente de xoiaría _ Asuntos Imaxinarios

Unha demostración en directo de distintas técnicas de manipulación do metal usado para a xoiaría. O recocido con soprete para abrandar o material, serreteado para cortar e dar forma, forxado con martelo para crear os volumes e a soldadura con lume, son parte dos procesos que veremos na creación dunha peza. Diana é a xoieira ... Ler máis

Taller de feltrado da lá _ As Bolboretas

Nesta demostración ensinaremos a facer un pequeno maceteiro de lá coa técnica do feltrado húmido. Beatriz ensinaranos a darlle forma mediante un molde e posteriormente volume. A única ferramenta que usaremos serán as nosas propias mans e súper poder do xabón e da auga. Lá, auga, xabón, panos, cuncas, tul, plástico de burbulla, papel e ... Ler máis

Escaparate Vivente de xoiaría _ Noga Art´S

'Chega a primavera!' é o nome que Adriana lle dá ao seu Escaparate Vivente e é que xa está aquí! Unha estación na que florecen os campos e nos gusta levar pezas con cores para ir ao compás da natureza. Por iso Adriana, de Noga Art´S xoiaría artesanal, quere facer esta mostra de traballo en ... Ler máis

Taller de vainicas e calados _ Nobelo a nobelo

María Gaiteiro é a artesá que está detrás da marca de moda e deseño, Nobelo a nobelo. María quere poñer a proba as nosas destrezas coas agullas a través destas técnicas decorativas do téxtil, as vainicas e os calados. Se algo require este tipo de bordados son moita pacienciencia así que, temos 8 horas de ... Ler máis

Escaparate Vivente de xoiaría _ Carla Alfaia

Carla Alfaia é unha das nosas xoieiras e quere facernos unha demostración en directo de parte do traballo que fai a diario no seu taller. Neste caso vai mostrarnos como facer coa prata unha filigrana galega. Con fíos de prata e coa axuda duns alicates ensinaranos a elaborar e compoñer a filigrana galega para darlle ... Ler máis

Escaparate Vivente de Municas Imperfectas _ Pécora

Mónica preséntanos, no Mercado Galego da Creatividade, as súas 'Municas Imperfectas'. Son bonecas de trapo recicladas e articuladas xa que constan dun esqueleto de arambre que lle permite a articulación. Están elaboradas a partir de elementos reciclados coma tecidos, recheos de guata e lá. Esta deseñadora que podemos atopar baixo a marca Pécora, desta volta ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando