Taller de calceta _ La con agarimo

Gustaríache aprender a calcetar? Quizais evolucionar sobre a base que xa tes? Ou facer unha peza determinada e necesitas axuda para eses puntos que se che resisten? Sexan  cales sexan as túas razóns, esperámoste no taller de calceta con Desi de La con Agarimo.   Elixe o grupo que mellor che encaixa: Grupo de MARTES ... Ler máis

Escaparate Vivente de encadernación _ Amora Artesanía

Nesta demostración de traballo en directo poderemos ver todo o proceso de encadernación artesanal. @amora.artesania é a marca de Vanesa, unha creativa especializada no deseño e encadernado de axendas, diarios e libretas feitas á man por ela mesma. Toma nota desta actividade de traballo en directo: Actividade: Escaparate Vivente de xoiaría Autora: Amora Artesanía Marca: ... Ler máis

Taller de coiro _ Mocao Artesanía

Gustaríache facer coas túas propias mans unha flor de coiro como a da imaxe? Inscríbete neste obradoiro de Mónica de Mocao Artesanía. Requisitos para poder participar: 👉 Ter 12 anos ou mais.   Actividade: Taller de marroquinería Autora: Mónica Cao Marca: Mocao artesanía Lugar: Mercado Galego da Creatividade Data: 27 de decembro Horario: 10:30 – ... Ler máis

Taller de elaboración dun tocado

Queres vir a facer o teu propio toucado con forma de flor? Quizais para regalar este Nadal? Neste obradoiro, xunto a Natalia de Hana No Boshi, cada participante creará o seu toucado montado sobre unha diadema. Empregaremos feltro e la procedente dos restos que quedan da confección de sombreiros. Un proceso artesanal e sostible. Poderemos ... Ler máis

Exposición Mercado Tarado

Despois dun Nadal intenso, no que todos e todas quedamos cun peto algo máis lixeiro, volvemos abrir un dos nosos baúis favoritos: o das pezas especiais, únicas e algo rebeldes. Chega a 2ª edición do 𝐌𝐞𝐫𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐓𝐚𝐫𝐚𝐝𝐨 💙 Aquí atoparás creacións artesanais que non volven á colección: pezas con un pequeno defectiño, prototipos que non ... Ler máis

Exposición de ilustración Tremelucir

Acollemos unha nova exposición no Mercado Galego da Creatividade e nesta ocasión é a quenda de Tremelucir, o proxecto artístico de Silvia Bello. “Voltar a casa” é unha exposición que nace da necesidade de reconstruír o fogar a través do debuxo. Un regreso á orixe, á creación como refuxio emocional e como linguaxe para expresar ... Ler máis

⭐ Exposición · TUUINX e AmDeCô⭐ ARTE EN COSTURA & NATUREZA EN VIDRO 

No Mercado Galego da Creatividade recibimos a TUUINX, o proxecto das irmás deseñadoras Sixing Xu e Siyi Xu, unha marca que fusiona moda, ilustración e artesanía nun diálogo entre culturas. A súa obra nace da observación da natureza e da relación entre arte e peza útil. Cada prenda e cada obxecto son concibidos como algo ... Ler máis

⭐ Exposición · Especial Día do Pai ⭐ DETALLES CON CARÁCTER, FEITOS A MAN

Mercado Galego da Creatividade Caldeirería 36, Santiago de Compostela, Spain

No Mercado Galego da Creatividade celebramos o Día do Pai cunha exposición especial que reúne unha selección de pezas pensadas para eles: obxectos con personalidade, creados por marcas do colectivo que traballan desde a artesanía, o deseño e o coidado polos materiais. Nesta mostra atoparás propostas masculinas que van desde a estampaxe téxtil, ilustración, cerámica, ... Ler máis

⭐ Exposición · Nekojitanee Illustrations ⭐

Mercado Galego da Creatividade Caldeirería 36, Santiago de Compostela, Spain

AS DÚAS BEIRAS DO SOL No Mercado Galego da Creatividade recibimos a Vanessa Rodríguez, a ilustradora detrás de Nekojitanee, un proxecto que conecta Galicia e Xapón a través da arte, a materia e o tempo. A súa obra nace da unión entre tradición e experiencia vital. Tras máis dunha década no país do sol nacente, ... Ler máis

Taller infantil amigo paxariño

Mercado Galego da Creatividade Caldeirería 36, Santiago de Compostela, Spain

Entre fíos e cores nacen pequenos compañeiros cheos de tenrura 🐦✨ No obradoiro “Amigo paxariño” crearemos un paxariño de pompón: suave, colorido e único. Un espazo para experimentar coa textura, xogar coa cor e desfrutar dun intre de calma creativa. Porque cando as mans crean, o corazón tamén medra 💛 Un taller pensado para mini ... Ler máis

⭐ Exposición · LAÍÑO ⭐

Mercado Galego da Creatividade Caldeirería 36, Santiago de Compostela, Spain

TRAZOS DE LAÍÑO   No Mercado Galego da Creatividade recibimos a LAÍÑO, nome artístico de Salvador Figueira Laiño, cunha colección de debuxos que nacen directamente da súa vida, dos seus pensamentos e das reaccións do día a día.   A exposición reúne unha serie de 29 pezas realizadas con rotuladores calibrados e lápices de cores ... Ler máis

Actividade dos Días Europeos da Artesanía ⭐ Obradoiro de Miyuki con Mica

Obradoiro de Miyuki con Mica Durante os Días Europeos da Artesanía recibimos no Mercado Galego da Creatividade a Mica, que nos achegará ao delicado mundo do bordado con contas de Miyuki. Neste obradoiro aprenderemos a crear pequenas pezas bordadas sobre aros de aceiro, empregando contas de Miyuki e mostacillas de vidro para dar forma a ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando