- This event has passed.
Taller de elaboración dun tocado
Decembro 30, 2025 @ 4:00 p.m. - 8:00 p.m.

Queres vir a facer o teu propio toucado con forma de flor? Quizais para regalar este Nadal?
Neste obradoiro, xunto a Natalia de Hana No Boshi, cada participante creará o seu toucado montado sobre unha diadema.
Empregaremos feltro e la procedente dos restos que quedan da confección de sombreiros. Un proceso artesanal e sostible.
Poderemos elixir o deseño e o patrón de flor, recortamos os pétalos, creamos o centro con contas de vidro e vaporizado final para darlle volume.
Requisitos para poder participar:
👉 Coñecementos básicos de costura á man.
Actividade: Taller de confección dun toucado
Autora: Natalia Domínguez
Marca: Hana No Boshi
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 30 de decembro
Horario: 16:00 – 20:00
Custo: 15€
Todo o material incluído.
✨Actividade patrocinada por Artesanía de Galicia, entidade da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.





