Loading Events

« All Events

⭐ Exposición · Agustín Bastón Estudio ⭐

Xuño 30 @ 10:30 a.m. - Xullo 11 @ 8:30 p.m.

️ Do 30 de xuño ao 11 de xullo, o espazo expositivo do Mercado Galego da Creatividade
acolle “Sinfonía dos bidueiros”, unha mostra de Agustín Bastón que nos invita a mirar a
natureza desde unha perspectiva poética e chea de significado.
Partindo da memoria das árbores, Agustín crea un diálogo entre arte, madeira e emoción.
Cada peza convértese nunha forma diferente de contar historias, inspiradas neses seres
silenciosos que, coa súa presenza e a súa transpiración, fan posible a vida e axudan a
construír o noso futuro.
A súa obra nace do respecto pola madeira e polo seu ciclo vital, transformando cada veta,
cada textura e cada forma nunha creación única que conserva a esencia da árbore da que
procede. Un traballo artesanal que convida a deterse, observar e escoitar o que a natureza
ten que dicir.
🌿 Unha exposición para descubrir a beleza agochada na madeira e deixarse levar por esta
particular sinfonía dos bidueiros.
📍 Mercado Galego da Creatividade
📅 Do 30 de xuño ao 11 de xullo
Cartel e texto: Amor ó Teu estampaxe artesanal

Details

Start:
Xuño 30 @ 10:30 a.m.
End:
Xullo 11 @ 8:30 p.m.
Event Category:

Venue

Mercado Galego da Creatividade
Caldeirería 36
Santiago de Compostela, Spain
+ Google Map
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando