Loading Events

« All Events

⭐ Exposición · Ruxe Design ⭐

Xuño 2 @ 10:30 a.m. - Xuño 13 @ 8:30 p.m.

Do 2 ao 13 de xuño, o espazo expositivo do Mercado Galego da Creatividade énchese das cores, texturas e materiais que dan forma ao universo creativo de Ruxe Design.

 

Detrás desta marca está Jenny, artesá grovense e herdeira dunha tradición que leva xeracións transformando os tesouros que o mar deixa na costa. Daquelas colareiras que recollían conchas e as convertían en pequenas xoias nace unha forma de entender a artesanía baseada na observación, na curiosidade e no respecto polos materiais.

 

A súa obra é unha viaxe constante pola experimentación. Conchas, minerais, resinas ecolóxicas e cerámica conviven nun proceso creativo en permanente evolución, onde cada técnica abre a porta a novas posibilidades.

 

Nesta exposición poderás descubrir algunhas das súas coleccións máis representativas:

 

🐚 SUCA, inspirada na memoria familiar e nas conchas do mar.

✨ MARMA, pezas de resina mineral ecolóxica cheas de cor e personalidade.

💎 ALMA, creacións que poñen en valor a beleza dos minerais naturais.

🏺 TERRA, o resultado da súa paixón pola cerámica e o traballo co barro.

 

Unha mostra que fala de mar, de terra, de tradición e de innovación; de todo aquilo que fai de Ruxe Design un proxecto único.

 

Agardámoste no Mercado Galego da Creatividade para coñecer de preto o seu traballo.

 

🔶 Exposición aberta do 2 ao 13 de xuño

🔶 Mercado Galego da Creatividade · Santiago de Compostela

 

📝 Texto e cartel: @amoroteuestampaxeartesanal

Details

Start:
Xuño 2 @ 10:30 a.m.
End:
Xuño 13 @ 8:30 p.m.
Website:
www.creativasgalegas.gal

Venue

Mercado Galego da Creatividade
Caldeirería 36
Santiago de Compostela, Spain
+ Google Map
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando