
Soporte móbil Mar
Soporte para móbil en resina imitando o mar
Marca: SonAgasallo.
Peza única elaborada á man en resina epoxi con area e cunchas naturais. Con este soporte e estación de carga para o móbil, encher a súa batería nunca será tan fermoso. Ademáis, permite cargalo mentres visualizas as túas redes sociais, película ou serie favorita. Tamén soporta tablets de tamaño considerable.
Un agasallo orixinal, especial e feito artesanalmente, un agasallo co que non podes fallar.
Pola súa fabricación artesanal, todas as pezas están suxeitas a pequenas variacións de tamaño, cores e outras características similares.
SKU
10038F49RMMAR
Categories Complementos, Estoxos e fundas