
- Este evento pasou.
Taller de Zentangle _ Elisabet Hillerud
Maio 10 @ 11:00 a.m. - 2:00 p.m.

Descubre a arte meditativa Zentangle e conecta contigo mesmo/a e coa natureza!
Temos connosco a guía perfecta para aprender este arte, relaxar a mente e desfrutar creando pezas artísticas que nunca imaxinamos ser capaces de crear: Elisabel Hillerud.
O Zentangle é un método de debuxo relaxante e accesible para todos, no que os patróns repetitivos se combinan para crear composicións sorprendentes. Non é preciso saber debuxar nin preocuparse polos pasos que nos van dando para guiarnos. Trátase de permitirnos soltar o control e simplemente, desfrutar do momento presente.
Neste taller, utilizaremos o Zentangle para conectar coa natureza e con nós mesmos/as, observando os cambios sutís desta época do ano e incorporándoos nas nosas creacións. A través dos trazos sinxelos e a acuarela, combinaremos patróns botánicos e xeométricos para deseñar un mosaico que reflicta a beleza dos cambios na natureza.
Crearemos un espazo perfecto para desconectar, experimentar e deixarse levar pola creatividade, sen presións.
Anímate a descubrir o Zentangle e o/a teu/túa artista interior. Toma nota:
Actividade: Taller de Zentangle
Imparte: Elisabet Hillerud
Marca: Zengoala
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 10 de maio
Horario: 11:00 – 14:00 h
Prezo: 49€
Inclúe unha bolsiña de material personalizada con arquivos de suxestións para poder practicar na nós mesmos/as na casa.
Reserva o teu taller aquí: Reservar
Coñece o traballo de Elisabet:
Instagram: @zengoala