loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Taller de elaboración de velas aromáticas _ BJ Candle Studio

Novembro 25, 2022 @ 5:30 p.m. - 7:30 p.m.

Tes curiosidade por coñecer o proceso de creación dunha vela aromática? Gustaríache participar nunha actividade divertida e relaxante á vez? Se a resposta a unha das anteriores pregunta é un si, a nosa compañeira Elena, da marca Bj Candle, vai impartir o taller perfecto para ti! Toma nota: En que consiste o taller? Neste obradoiro imos partir desde cero, para crear, coas nosas propias mans, unha veliña aromática. Debemos coñecer os principais tipos de cera, as características de cada unha delas e como diferencialas. Elena xa ten unha longa traxectoria neste eido e vainos ensinar a recoñecer diferentes ceras, características destas e por que elixir unha ou outra. Aprenderemos cales son as partes e elementos fundamentais que deben estar si ou si, no proceso de elaboración dunha vela profesional. Por que asistir a este obradoiro? Porque es unha persoa á que lle gustan as velas aromáticas, coñeces o valor destas, como nos acompañan e como fixan recordos asociados a determinados aromas, deses momentos especiais. Porque levarás unha vela aromática, profesional, feita por ti, coas túas propias mans. Porque aprenderás a diferenciar que velas consumir e por que. E todo isto vai acompañado dun resumo para ti de todo o proceso de elaboración e unha lista de tendas online nas que poder conseguir estes pequenos-grandes caprichos. Precisas mais razóns?   Actividade: Obradoiro de elaboración dunha vela aromática profesional Autora: Elena Mahía Marca: Bj Candle Lugar: Mercado Galego da Creatividade Data: venres, día 25 de novembro Horario: 17:30 – 19:30 h   Para que coñezas o traballo de Elena, aquí deixamos as súas RRSS: Instagram: @bjcandlestudio Facebook: BJ Candle Studio Pinterest: BJ Candle Studio Merca o teu taller aquí Mercar

Detalles

Data:
Novembro 25, 2022
Hora:
5:30 p.m. - 7:30 p.m.
Categoría do Evento:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando