
Escaparate Vivente de traballo en pel _ Dona Formiguinha
Marzo 31 @ 11:00 a.m. - 1:30 p.m.

Nerea é a persoa que está detrás deste obradoiro de Artesanía de Galicia, unha marca especializada no traballo en coiro e cuxos produtos se comercializan baixo o nome de Dona Formiguinha.
Durante este Escaparate Vivente podemos ver, en vivo e en directo, como se traballa coa pel para elaborar a partir dela unha peza de bixutería que logo encapsula dentro dunha bola de cristal.
Tes curiosidade por coñecer estes procesos de traballo? Toma nota da data desta actividade:
📌Luns, día 31 de marzo, de 11.00 a 13.30 horas
📍No Mercado Galego da Creatividade (Compostela)
✨Actividade patrocinada por Artesanía de Galicia, entidade da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia.
Esta actividade enmárcase dentro dos Días Europeos da Artesanía, unha iniciativa promovida pola Escola de Organización Industrial (EOI) e a súa área de promoción da artesanía Fundesarte xunto á Organización de Artesáns de España, oficioyarte, e @jemaofficiel.