Escaparate Vivente de marroquinería _ MOCAO Artesanía

Xa coñecedes o deseño, a elegancia e a orixinalidade coa que traballa a nosa compañeira Mónica de MOCAO Artesanía. Queres ver unha mostra en directo do traballo destas mans? Visítanos durante a súa exhibición no Mercado e terás a oportunidade de ver as diferentes técnicas e ferramentas que emprega para elaborar as súas pezas.   ... Ler máis

Taller de marroquinería _ MOCAO Artesanía

Neste taller de marroquinería aprenderemos a elaborar unha carteira de coiro como as que vemos na imaxe.   Requisitos para poder participar: 👉 Ter 9  anos ou mais.   Actividade: Taller de marroquinería Autora: Mónica Cao Marca: MOCAO Artesanía Lugar: Mercado Galego da Creatividade Datas: 21 de decembro Horario: 17:00 – 20:00 Todo o material ... Ler máis

Taller de estampación _ Amor ó teu estampaxeartesanal

Ven a facer postais connosco. Sandra ensinaranos a facer estampacións con motivos de Nadal para que cada persoa participante leve a súa postal navideña. Taller aberto a todas as idades e podes achegarte, entre as 17:00 e as 20:00 h, a facer a túa tarxetiña, para enviar a un ser querido, aos Reis Magos...   ... Ler máis

Taller de elaboración dun pousavasos de cemento _ Antonia Studio

Neste taller crearemos un pousavasos con materiais reciclados e cemento. Cada quen fará o seu coa axuda de Cris, a autora da marca Antonia Studio. Coas tesoiras de electricista cortaremos plásticos reciclados aos que lle engadiremos o cemento. Tras lixar e vernizar, o pousavasos está listo como os da imaxe. Requisitos para poder participar: 👉 ... Ler máis

Escaparate Vivente de sombreirería tradicional _ Julia Vilariño

Julia Vilariño é unha artesá que continúa coa elaboración de sombreirería tradicional galega. Artesanía, tradición e cultura galega conviven en cada unha das súas pezas.  Cada un dos elementos que o compoñen está minuciosamente pensado, deseñado e creado para que todas as súas creacións sexan unha perfecta obra de arte. Gustaríache vela traballar en directo? ... Ler máis

Taller de elaboración dun complemento con plumas _ Julia Vilariño

Julia Vilariño ensinaranos a elaborar un complemento utilizando plumas. Moldearémolas, rizarémolas, tallarémolas e crearemos flores..., para deseñar, a partir deste traballo, unha montaxe de diadema, broche ou pinza. Requisitos para poder participar: 👉 Ter 14 anos ou mais.   Actividade: Taller de elaboración dun complemento Autora: Julia Vilariño Marca: Julia Vilariño Lugar: Mercado Galego da ... Ler máis

Exposición sombreirería artesanal_ Julia Vilariño

Sombreiros de festa, de diferentes cores, tecidos, formas e complementos decorativos. Sombreiros clásicos, de amplas ás, forrados con pano portugués e rematados con cintas que dan o broche final á peza. Sombreiros de ás anchas e cortas, de copas altas e baixas. Gorras. Boinas de la de ovella galega fiada por @ttmareque. Sombreiros urbanos, con ... Ler máis

Taller ‘Cambiar Juntas’ _ Charlotte Jaeger e Elisabet Hillerud

“Cambiar Juntas” é unha comunidade feminina, creada en Galicia, da man de Charlotte Jaeger. Un escenario no que a través de diversas actividades, guiadas e acompañadas por expertas nas diferentes materias, traballaremos o desenrolo conxunto e o intercambio e conexión con outras mulleres da nosa comunidade que comprenden e comparten as nosas mesmas inquietudes. Escoitar ... Ler máis

Taller de sombreirería _ Julia Vilariño

💥Elixe a cor 💥💥Elixe a talla 💥💥💥Pasa connosco unha tarde creativa deseñando e elaborando o sombreiro que levarás posto! Este taller de creación artesanal do teu propio sombreiro con Julia Vilariño, ten unha parte de teoría na que nos introducirá no mundo da sombreirería. Aprenderemos diferentes materiais e procesos, ferramentas básicas do oficio e como ... Ler máis

Taller de esmaltado ao lume _ Soledad Mato

Ven ao noso taller de xoiaría impartido pola ourive Soledad Mato. Aprenderemos a facer un colgante coa técnica do esmaltado ao lume.  Levarás contigo o teu propio colgante, feito por ti, e coas cores que elixes. Anímaste? Non son necesarios coñecementos previos. Actividade: Taller de esmaltado ao lume Autora: Soledad Mato Marca: Soledad Mato Lugar: ... Ler máis

Exposición de acrílicos _ Jaqueline Elizabeth

Jaqueline quere amosarnos a súa nova colección de acrílicos a través da exposición ‘O Xardín'. O por que deste título cóntanolo ela mesma: Nun momento, o xardín pode cambialo todo. Gozar dunha experiencia que pode transformar o teu estado, a túa visión, o teu sentimento interior é esperanzador. Un xardín faite ser consciente da beleza ... Ler máis

Taller de resina mineral _ Ruxe design

Queres aprender a manexar un material non tóxico, duradeiro, que adopta calquera forma e cor que ti desexas e ademais faino de xeito moi sinxelo? Ese material é a resina! Con ela podes crear todo tipo de pezas de xoiaría e incluso mesturala con outros materiais para conseguir diferentes acabados. Neste obradoiro aprenderemos a crear ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando