Taller de creación de adornos de Nadal _ Lorena Romero

A nosa compañeira Lorena é unha profesional do deseño de interiores. Esta creativas é a fundadora de Lorena Romero interior design + home staging, unha empresa que ten como obxectivo facer dos nosos espazos, un verdadeiro fogar. Se algo define a Lorena é a delicadeza e a elegancia coa que fai todo o que pasa ... Ler máis

Taller de estampación sobre papel _ amorote printing workshop

Sandra, de amorote printing workshop, agasállanos este Nadal cun taller de estampación block printing sobre papel. Poden participar nenos a partir de 6 anos e tamén adultos. Aprenderemos a personalizar un caderno kraft con diferentes tipos de tinta, e motivos. Non sei ti pero... por aquí, xa estamos pensando a quen agasallar con ese caderno ... Ler máis

Taller de esmaltado de vidro _ Tejeluz

E seguimos con talleres neste Nadal. Desta volta o taller vén da man de Juan da marca Tejeluz. Imos crear obras únicas debuxando e esmaltando fragmentos de vidro reciclado. Levaremos para a casa a nosa propia vidreira, con un deseño pensado, creado e esmaltado por nós mesmos/as. Pezas personalizadas, feitas con agarimo e dedicación que ... Ler máis

Taller para pequenos orfebres _ Brigantia orfebres

Para os mais pequenos e pequenas, e os que xa non o son tanto, temos este taller de ourivaría. Nuria e Yesenia son as encargadas de levar a cabo este obradoiro de xoiaría creada a partir de obxectos reciclados. Seguimos no Nadal e as nosas compañeiras de Brigantia orfebres queren axudarnos a crear xoias para ... Ler máis

Free

Taller de creación de adornos de Nadal con arxila _ KHOS

A deseñadora gráfica e deseñadora de espazos Ana, podemos atopala baixo a marca KHOS. Esta creativa organiza  un taller pensando nos mais pequenos e pequenas da casa. Así que si tes entre 6 e 14 anos, animámoste a inscribirte nesta actividade de creación de elementos decorativos. Empregaremos moldes de arxila branca e crearemos bonecos de ... Ler máis

25€

Taller de creación de cubi-xoguetes de madeira _ KHOS

Este taller de Ana, de KHOS estudio, vai dirixido a nenos de entre 6 e 14 anos. Crearemos divertidos xoguetes usando bloques de madeira de distintos formatos e dimensións. Para darlle a pincelada final, pintaremos as pezas con pintura decorativa á auga. Aparte de sacar o noso lado mais creativo, levaremos para a casa un ... Ler máis

25€

Taller de iniciación ao traballo con elos e cadeas _ KHOS

Un taller impartido pola deseñadora Ana da marca KHOS e que nos iniciará na creación das cadeas Bizantina e Romanov. Veremos as distintas maneiras de crear, cortar e manipular arandelas para usalas na creación de cadeas, ou en outro tipo de creacións. Cos elos que fabriquemos, aprenderemos a montar a cadea Bizantina e a variante ... Ler máis

Taller de xoiaría _ Noga Art´s

Podemos mercar unha xoia para agasallar ou elaborala coas nosas mans. Aprenderemos a fabricar xoias, con contas de diferentes cores,  entre outros materiais que nos vai propoñer a propia Adriana da firma Noga Art´s. Seguro que non é unha tarefa fácil, mais coa axuda desta xoieira con tantos anos de experiencia ás súas costas..., todo ... Ler máis

Escaparate Vivente de blockprinting _ amorote printing workshop

Gústache afondar nas técnicas de estampación artesanais? Gustaríache coñecelas para estampar os teus propios deseños? A persoa que necesitas coñecer é a Sandra de amorote printing workshop. A través deste Escaparate ensinaranos a técnica do blockprintin, unha das formas de estampación mais antigas. Sandra vai crear un selo que nos permitirá logo estampar unha tea ... Ler máis

Taller de pintura _ Lúa

Taller de pintura impartido por Lúa: Para amantes da arte, e aquelas persoas que desexan experimentar e sacar a artista que levan dentro, o sábado, día 5 de febreiro, temos un taller artístico no Mercado Galego da Creatividade (Rúa da Caldeirería - 36, Santiago de Compostela). Dálle renda solta á túa creatividade e goza dos ... Ler máis

60€

Taller de feltrado da lá _ As Bolboretas

Nesta demostración ensinaremos a facer un pequeno maceteiro de lá coa técnica do feltrado húmido. Beatriz ensinaranos a darlle forma mediante un molde e posteriormente volume. A única ferramenta que usaremos serán as nosas propias mans e súper poder do xabón e da auga. Lá, auga, xabón, panos, cuncas, tul, plástico de burbulla, papel e ... Ler máis

Taller de vainicas e calados _ Nobelo a nobelo

María Gaiteiro é a artesá que está detrás da marca de moda e deseño, Nobelo a nobelo. María quere poñer a proba as nosas destrezas coas agullas a través destas técnicas decorativas do téxtil, as vainicas e os calados. Se algo require este tipo de bordados son moita pacienciencia así que, temos 8 horas de ... Ler máis

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando