Loading Events

« All Events

Setembro 22 - Outubro 3

✨ MONSTROS ✨

Do 22 de setembro ao 3 de outubro, o Mercado Galego da Creatividade recibe a exposición Monstros, da artista cubana invitada, Lira Campoamor Sanchez, apaixonada pola arte do monicreque, a palabra e as artes visuais.

A través dunha serie de debuxos a grafito, Lira explora a fealdade e a monstrosidade como conceptos que forman parte da nosa historia e da nosa sociedade. Un universo de figuras inquietantes, nacidas do lapis e da imaxinación, que nos convida a mirar máis alá da súa aparencia.

A colección, composta por 30 debuxos realizados entre setembro de 2024 e xuño de 2025, inspírase nunha cita de Antonio Gramsci:

«O vello mundo está a morrer, o novo tarda en xurdir, e neste crepúsculo nacen os monstros».

Unha reflexión sobre os tempos de cambio, as preguntas que nos acompañan e aquilo que consideramos monstruoso. Porque ás veces, detrás dunha criatura estraña, agochase unha historia que merece ser contada.

Lira, formada en Dramaturxia e estudante de Belas Artes en Bélxica, leva a súa paixón polo teatro, a música e os monicreques ao debuxo, nun proceso creativo no que o lapis se converte en ferramenta de expresión e pensamento.

📍 Mercado Galego da Creatividade

📅 Do 22 de setembro ao 3 de outubro

Achegádevos a descubrir Monstros e deixádevos sorprender por este universo de grafito, imaxinación e preguntas. 🖤

Cartel e texto: @amoroteuestampaxeartesanal

#CreativasGalegas #MercadoGalegoDaCreatividade #Monstros #ArteGalega #Debuxo

Details

Start:
Setembro 22
End:
Outubro 3
Event Category:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando