Taller infantil · Mini Studio Creativo
Abril 18 @ 5:00 p.m. - 7:00 p.m.

Entre cores, formas e imaxinación nace un pequeno laboratorio de creación ✨
No Mini Studio Creativo os pequenos explorarán a forma, a cor e a composición mentres modelan as súas propias pezas con arcilla polimérica.
Durante o obradoiro experimentarán coa técnica de modelado, combinando cores e texturas para crear pequenas pezas únicas. Un espazo para imaxinar, probar e crear coas mans, onde cada participante poderá dar forma ás súas propias ideas.
Ao rematar o taller levarán para casa a súa creación: uns pendentes, un anel, un chaveiro ou un abalorio, feitos por eles mesmos. Porque cando as mans crean, tamén medra a creatividade 💛
Un taller pensado para mini artistas con ganas de experimentar e descubrir o pracer de facer cousas coas mans.
Requisitos para poder participar:
👉 De 6 a 12 anos.
Actividade: Obradoiro infantil “Mini Studio Creativo”
Imparte: Sonia Arnaiz
Lugar: Mercado Galego da Creatividade, Caldeirería 36, Santiago de Compostela
Data: 18 de abril de 2026
Horario: 17:00 – 19:00
Prezo: 20 €
Todo o material incluído
#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #marcascreativas #galicia #santiago #compostela #comerciolocal #deseño #deseñogalego #artesanía #artesaníadegalicia #arte #culturagalega #economíasocial #economíacircular #talleresinfantís #creatividadeinfantil




