⭐ Exposición · Especial Día do Pai ⭐ DETALLES CON CARÁCTER, FEITOS A MAN
Marzo 10 @ 10:30 a.m. - Marzo 21 @ 8:30 p.m.

No Mercado Galego da Creatividade celebramos o Día do Pai cunha exposición especial que reúne unha selección de pezas pensadas para eles: obxectos con personalidade, creados por marcas do colectivo que traballan desde a artesanía, o deseño e o coidado polos materiais.
Nesta mostra atoparás propostas masculinas que van desde a estampaxe téxtil, ilustración, cerámica, coiro, deseño ou decoración, todas cun denominador común: están feitas con calma, con intención e co valor de quen crea coas súas mans.
Unha oportunidade para descubrir agasallos diferentes, afastados do industrial, e apostar por pezas únicas que contan historia. Porque ás veces o mellor detalle é aquel que leva detrás unha idea, unha man artesá e un pequeno anaco de creatividade galega.
📌 INFORMACIÓN DA EXPO
▫️ Exposición: Especial Día do Pai
▫️ Contido: selección de artigos masculinos de marcas do colectivo
▫️ Técnicas: estampaxe, ilustración, cerámica, coiro, téxtil e artesanía contemporánea
▫️ Lugar: Mercado Galego da Creatividade
▫️ Datas: 10 ao 21 de marzo
▫️ Horario: 10:30 – 20:30 h
#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #diadopai #deseñogalego #artesaniagalega #feitoaman #agasallosconalma #comerciolocal #creatividade #regalosdiferentes 💙



