Loading Events

« All Events

Exposición de ilustración Tremelucir

Febreiro 10 @ 10:30 a.m. - Febreiro 21 @ 8:30 p.m.

Acollemos unha nova exposición no Mercado Galego da Creatividade e nesta ocasión é a quenda de Tremelucir, o proxecto artístico de Silvia Bello.

“Voltar a casa” é unha exposición que nace da necesidade de reconstruír o fogar a través do debuxo. Un regreso á orixe, á creación como refuxio emocional e como linguaxe para expresar o que ás veces non se sabe nomear.

Inspirada en Galicia, na súa luz e na memoria afectiva da terra, Tremelucir toma o seu nome dunha palabra case esquecida que fala dese brillo pequeno que aparece no mar cando o sol o toca. Parpadeos sutís que só se ven se se mira con calma. Para a autora, foi tamén ese impulso íntimo que a levou a volver crear.

As obras que conforman a exposición están realizadas de maneira artesanal, combinando acuarela sobre papel, debuxo a man e caligrafía en tinta china. A imaxe dialoga coa palabra: frases populares, expresións herdadas e fragmentos da cultura galega máis cotiá acompañan as ilustracións como ecos de memoria, conectando o persoal co colectivo.

Estas palabras non explican a obra, acompañan. Funcionan como ancoras emocionais que fan do debuxo un espazo onde habitar, unha pausa, un lugar ao que volver.

 

📌 INFORMACIÓN DA EXPO

▫️ Exposición: Voltar a casa

▫️ Técnica: acuarela e tinta china

▫️ Autora: Silvia Bello

▫️ Marca: Tremelucir

▫️ Lugar: Mercado Galego da Creatividade

▫️ Datas: do 10 ao 21 de febreiro

▫️ Horario: 10:30 – 20:30 h

 

🔶 Texto e cartel: @amoroteuestampaxeartesanal

📲 Catálogo: WhatsApp Business +34 641 21 84 62

 

#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #tremelucir #artegalega #ilustracion #acuarela #artesania #creatividade #memoria #galicia #comerciolocal #culturagalega #arteconalma #feitoaman

 

Details

Start:
Febreiro 10 @ 10:30 a.m.
End:
Febreiro 21 @ 8:30 p.m.
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando