
Exposición de ilustración _ Komorevi
Setembro 9 - Setembro 21

Komorevi é a sinatura artística da ilustradora e muralista compostelá, Eva Agra (Santiago de Compostela, 1990). Case unha década dedicada profesionamente á ilustración e comunicando dende que ten uso de razón mediante o trazo do lapis e do pincel.
A igualdade de xénero, a diversidade, a xustiza social, a comunidade e o coidado nos procesos creativos son os fíos condutores que guían os seus trazos e que agroman nas súas oras de xeito transversal.
“A ilustración de Komorevi navega entre a inocencia, a fantasía e a escuridade creando unha narrativa que fala de transformar as vulnerabilidades en fortalezas, e de compartir medos e historias que nos conecten unhes a outres dende as nosas ‘rarezas’.”
E acompañando á ilustración de Komorevi contamos coas marabillosas pezas de Juan Napalmadaman. Sempre é un pracer ter as súas lámpadas de porespán reciclado iluminando a nosa sala de exposicións. De Juan tan só adiantar que ten novidades de formatos e aínda que desta vez temos unha pequeniña mostra, son pezas xeniais.
Ven a vernos!
Título da exposición: O raro é ser ‘normal’
Técnicas empregadas: ilustración dixital e técnicas mixtas (acuarela, acrílico, lapis de cores, grafito…).
Autora: Eva Agra
Nome da marca: Komorevi
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 9 – 21 de setembro
Horario: 10:30 – 20:30 h
Coñece a esta ilustradora:
Instagram: @komorevi.art