⭐ Exposición · TUUINX e AmDeCô⭐ ARTE EN COSTURA & NATUREZA EN VIDRO
Febreiro 24 @ 10:30 a.m. - Marzo 7 @ 8:30 p.m.

No Mercado Galego da Creatividade recibimos a TUUINX, o proxecto das irmás deseñadoras Sixing Xu e Siyi Xu, unha marca que fusiona moda, ilustración e artesanía nun diálogo entre culturas.
A súa obra nace da observación da natureza e da relación entre arte e peza útil. Cada prenda e cada obxecto son concibidos como algo duradeiro: cortes sinxelos e libres, tecidos naturais e detalles feitos a man a través de bordados, estampados e ilustracións en acuarela.
Nesta exposición poderase descubrir tamén a súa colaboración con AmDeCô, unha serie de vaixelas de cristal únicas acompañadas de teas ilustradas e prints exclusivos. Pezas pequenas en tamaño pero grandes en historia, onde tradición e contemporaneidade conviven con delicadeza.
TUUINX aposta por unha moda ética e consciente: poucas unidades, produción local e identidade propia. Non seguen tendencias, crean linguaxe.
📌 INFORMACIÓN DA EXPO
▫️ Exposición: Natureza en vidro & Arte en costura
▫️ Técnicas: confección artesanal, bordado, estampación téxtil, ilustración e decoupage
▫️ Autoras: Sixing Xu, Siyi Xu e Amparo García
▫️ Marca: TUUINX e AmDeCô
▫️ Lugar: Mercado Galego da Creatividade
▫️ Datas: 24 de febreiro ao 7 de marzo
▫️ Horario: 10:30 – 20:30 h
📲 @tuuinx_fashion ; @amdeco_
🌐 www.tuuinx.com



