Loading Events

« All Events

Actividade dos Días Europeos da Artesanía ⭐ Obradoiro de Miyuki con Mica

Abril 8 @ 4:00 p.m. - 8:00 p.m.

Obradoiro Mica

Obradoiro de Miyuki con Mica

Durante os Días Europeos da Artesanía recibimos no Mercado Galego da Creatividade a Mica, que nos achegará ao delicado mundo do bordado con contas de Miyuki.

Neste obradoiro aprenderemos a crear pequenas pezas bordadas sobre aros de aceiro, empregando contas de Miyuki e mostacillas de vidro para dar forma a unha composición única. Cada persoa participante poderá experimentar coa técnica e deseñar a súa propia peza, elaborando uns pendentes ou un colgante de deseño libre.

Un encontro creativo para descubrir unha técnica minuciosa e relaxante, onde cada conta vai construíndo a peza pouco a pouco ata crear unha pequena xoia feita coas propias mans.

Anota a data desta actividade:

📌 8 de abril · 16:00 a 20:00 h
📍 Mercado Galego da Creatividade (Santiago de Compostela)

 👧 A partir de 16 anos

✍️ Inscricións 👉 605 14 12 41

Unha actividade patrocinada por @artesania_de_galicia e @xuntadegalicia dentro do marco dos Días Europeos da Artesanía, unha iniciativa promovida por @eoischool e a súa área de promoción da artesanía @fundesarte, xunto a @oficioyarte e @jemaofficiel.

🔶 Cartel e texto: @amoroteuestampaxeartesanal

#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #marcascreativas #compostela #santiagodecompostela #galicia #artesaníadegalicia #xuntadegalicia #diaseuropeosdaartesanía #díasdaartesanía #oficios #metiersdart #europeancraftdays #fundesarte #spain #europa #culture #savoirfaire #JEMA2026 #festivaldearte #artesaniaespañola #maestría #maestriaartesanal #oficiostradicionales ✨

Details

Date:
Abril 8
Time:
4:00 p.m. - 8:00 p.m.
Event Category:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando