Loading Events

« All Events

⭐ Actividade dos Días Europeos da Artesanía ⭐ Elaboración dunhas alpargatas cosidas a mán

Abril 10 @ 4:00 p.m. - 8:00 p.m.

Elaboración dunhas alpargatas cosidas a mán

Durante os Días Europeos da Artesanía recibimos no Mercado Galego da Creatividade a Nerea, de Dona Formiguinha, que nos achegará ao proceso artesanal de creación dun calzado tradicional.

Neste obradoiro coñeceremos paso a paso como se elaboran unhas alpargatas, combinando diferentes fases do oficio. Primeiro realizaremos o corte das pezas empregando plantillas preparadas previamente. Despois pasaremos ao aparado, onde se preparan e axustan as tiras e a taloneira para dar forma ao calzado.

Finalmente chegaremos á parte máis especial do proceso: o cosido artesanal, aprendendo a técnica do punto a man para unir a pel coa sola de xute. Un momento tranquilo e moi satisfactorio onde cada punto constrúe a peza pouco a pouco.

Unha oportunidade para descubrir de preto un oficio tradicional e levar para casa unha peza feita coas propias mans.

Anota a data desta actividade:

📌 Venres 10 · de 16:00 a 20:00 h
📍 Mercado Galego da Creatividade (Compostela)
👧 A partir de 12 anos

✍️ Inscricións 👉 605 14 12 41

Unha actividade patrocinada por @artesania_de_galicia e @xuntadegalicia dentro do marco dos Días Europeos da Artesanía, unha iniciativa promovida por @eoischool e a súa área de promoción da artesanía @fundesarte, xunto a @oficioyarte e @jemaofficiel.

🔶 Cartel e texto: @amoroteuestampaxeartesanal

#creativasgalegas #mercadogalegodacreatividade #marcascreativas #compostela #santiagodecompostela #galicia #artesaníadegalicia #xuntadegalicia #diaseuropeosdaartesanía #díasdaartesanía #oficios #metiersdart #europeancraftdays #fundesarte #culture #savoirfaire #JEMA2026 #artesaniaespañola #oficiostradicionales #donaformiguiña ✨

Details

Date:
Abril 10
Time:
4:00 p.m. - 8:00 p.m.
Event Category:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando