Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

⭐ Exposición · LAÍÑO ⭐

Abril 7 @ 10:30 a.m. - Abril 18 @ 8:30 p.m.

TRAZOS DE LAÍÑO

 

No Mercado Galego da Creatividade recibimos a LAÍÑO, nome artístico de Salvador Figueira Laiño, cunha colección de debuxos que nacen directamente da súa vida, dos seus pensamentos e das reaccións do día a día.

 

A exposición reúne unha serie de 29 pezas realizadas con rotuladores calibrados e lápices de cores sobre papel. Debuxos que van dende os máis sinxelos ata os máis elaborados, pero que comparten unha mesma esencia: todos gardan un significado persoal.

 

Cada trazo é unha forma de expresar o vivido, unha maneira de transformar emocións e momentos cotiáns en imaxes. Pequenas escenas que capturan instantes, reflexións e estados de ánimo, converténdose nun relato visual íntimo e honesto.

 

Unha exposición que pon en valor o debuxo como ferramenta directa, sen artificios, onde a man e a idea van da man para contar o que ás veces custa dicir con palabras ✍️

 

📌 INFORMACIÓN DA EXPO

▫️ Exposición: Trazos de LAÍÑO

▫️ Autor: Salvador Figueira Laiño

▫️ Técnica: rotuladores calibrados e lápices de cores sobre papel

▫️ Lugar: Mercado Galego da Creatividade

▫️ Datas: do 7 ao 18 de abril

▫️ Horario: 10:30 – 20:30 h

▫️ Contacto co artista: 649 398 544

 

Cartel e texto: @amoroteuestampaxeartesanal 

Details

Start:
Abril 7 @ 10:30 a.m.
End:
Abril 18 @ 8:30 p.m.

Venue

Mercado Galego da Creatividade
Caldeirería 36
Santiago de Compostela, Spain
+ Google Map
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando