Loading Events

« All Events

✨ EXPOSICIÓN | AURORA DV CERÁMICA

Novembro 17 @ 10:30 a.m. - Novembro 28 @ 8:30 p.m.

A idea. A cor. O corpo. A alma. A luz.

Achégate ao Mercado Galego da Creatividade para descubrir o universo creativo de Aurora Díaz Varela, artesá detrás de AURORA DV CERÁMICA.

A través do torno e da cocción de gres a alta temperatura (1230 ºC), Aurora crea pezas únicas onde o utilitario e o escultórico se atopan, xogando coas formas, as proporcións, os volumes e a xeometría.

A súa obra nace dunha idea moi especial: transformar os pequenos xestos da vida cotiá en momentos extraordinarios. Obxectos funcionais que nos acompañan, pero que tamén transmiten emocións e converten a cerámica nunha experiencia que vai máis alá do puramente utilitario.

Unha oportunidade para coñecer de preto o seu traballo e descubrir a beleza que agochan as pezas feitas con tempo, técnica e sensibilidade. 🤍

📍 Lugar: Mercado Galego da Creatividade

📅 Data: Do 17 ao 28 de novembro

Coñece máis sobre a súa obra:

📸 Instagram: @auroradv_ceramica

📍 Obradoiro: Rúa Ponte do Sar, 31. Santiago de Compostela.

Deseño do cartel e texto: Amor ó Teu

#MercadoGalegoDaCreatividade #ArtesaníaDeGalicia #CerámicaArtesá #AuroraDVCerámica

Details

Start:
Novembro 17 @ 10:30 a.m.
End:
Novembro 28 @ 8:30 p.m.
Event Category:

Venue

Mercado Galego da Creatividade
Caldeirería 36
Santiago de Compostela, Spain
+ Google Map
0
0
Tu carrito
Tu carrito está vacíoSeguir comprando