Taller O bodegón latero

10,00 

Taller de creación de adornos de Nadal con moldes de arcilla

Estamos preparando un taller no que a diversión está asegurada: crea o teu bodegón fotográfico.

Como xa che contamos, a exposición que temos agora mesmo no Mercado é a de Mar e Araceli, dúas fotógrafas profesionais que decidiron un día crear arte dentro de latiñas de conserva.

Que todas as persoas que visitastes a exposición tedes unha lata favorita é un feito, así nolo contades (ou dúas, tres…, as mais indecisas).
Que a cada quen nos recorda e traslada a momentos do mais dispares, tamén é outra realidade.

E ti, xa tes unha favorita? Se aínda non as coñeces, ven a visitarnos.

Para este taller fotográfico elixe a túa lata favorita, déixate arrastrar ao seu universo e crea o teu bodegón fotográfico.

As nosas fotógrafas teñen o obxectivo preparado para retratarte. Unha foto profesional, divertida e na que os protagonistas seredes os mais pequenos da casa.

Se tes entre 7 – 12 anos anímate a deixar a túa pegada e levarás contigo unha foto profesional e do mais orixinal.

12 dispoñibles

SKU 10208F51TALL1 Category
0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVolver á tenda