Taller de Lúa

60,00 

Taller de Lúa

Para aquell* s amantes da arte, ou l* s que queirades experimentar e sacar o/a artista que levades dentro, o sábado 5 de Febreiro temos un Taller moi artístico no espazo de Creativas Galegas ( Caldeirería 36, Santiago de Compostela), para dar renda solta á vosa creatividade e gozar dos beneficios que achega o proceso creativo para o benestar.

Lúa Gándara (O Porriño, 1988) é unha artista multidisciplinar graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo, ten un posgrao de Creación Sonora na Universidade de Barcelona e un máster en Profesorado de Educación Secundaria na especialidade de Artes e Debuxo.

A pintura é unha disciplina que nos permite coñecernos a nós mesmos xogando, explorar emocións e relacionarnos dunha nova forma coa nosa contorna e os demais. A través de cor iremos explorando novos mundos inventados, deixándonos levar a lugares insospeitados. Neste taller de pintura traballaremos técnicas mixtas sobre papel, aprenderemos nocións básicas de cor e composición, e sobre todo, divertirémonos. Non se necesitan coñecementos previos. Ao final, poderasche levar a casa un recordo moi especial para alegrar a túa casa. Mergúllache no proceso de creación dunha artista contemporánea, ven a vivir unha experiencia diferente!

Esgotado

SKU 10149F51TALL1 Category
0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVolver á tenda