
Prato de madeira pintado a man
Torneado artesanal – Pintura ecolóxica
Luz, cor e emoción é o que nos transmiten estes pratos pintados a man, onde a combinación das liñas limpas e a calidez da madeira, xunto á alegría e soltura da pintura fan de cada un deles unha pequena obra de arte.
Están torneados en madeira sólida de faia, e pintados a man con gran delicadeza por Inés Fernández de Néboa na ría.
Cada peza é única e especial, lixeiramente diferente das outras da serie, e en cada unha delas atoparás as pegadas do coidadoso traballo feito a man.
Podes usalos nas túas comidas diarias, para presidir o centro da mesa, servir o pan e o queixo… deixa que a súa beleza ilumine o teu fogar.
Terminación e pintura aptas para conctacto alimentario.
SKU
10193F31NNR05
Categories Fogar, Útiles de cociña