Portaxabón impermeable Terra

8,95 

Portaxabón impermeable (algodón orgánico).

Marca: Alloa

Esta bolsa portaxabón impermeable Terra está deseñada para facerche máis fácil a vida cada vez que teñas que sacar as túas pastillas fóra de casa. Desta forma poderás gardalas despois do seu uso aínda cando están molladas.

Feita a man por Fío Mandarina en exclusiva para ALLOA. Unidades limitadas.

Medidas aproximadas 15cm de ancho e 14cm de alto.

Grazas á capa de algodón orgánico absorbente, a humidade dos teus xabóns quedará adherida a este tecido. A capa impermeable oculta no interior do portaxabón, encargarase de que a humidade non traspase nin humedeza outros obxectos que poidan entrar en contacto con esta bolsita. Nun dos extremos a bolsita leva unha goma para que o poidas colgala onde queiras.

Composición

O portaxabón sólido está confeccionado a man con dúas capas de algodón 100% orgánico sen tinguir nin branquear e certificado por GOTS. A capa impermeable está composta de PUL (70% poliéster reciclado, 30% poliuretano certificado por Oeko-Tex Standard 100 e libre de phalatos).

Consellos para o seu coidado e lavado

Lavar a man ou a máquina ata 30º, non pasar o ferro nin usar secadora para non estragar a capa impermeable. Se o interior acumula restos de xabón é conveniente darlle a volta para que esta capa quede na parte exterior e así a limpeza sexa máis efectiva.

SKU 10260F19TERRA Categories ,
0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVolver á tenda