Pack de Xocobleas bombóns surtido 4 variedades

4 combinacións incribles que te sorprenderán

Produtora: Pilar Alonso

Marca: Xacobleas

Obleas en forma de cuncha de vieira con relevos relacionados co Camiño de Santiago, elaboradas de xeito artesanal, con chocolate belga e outros ingredientes de primeira calidade.

GOLD: Oblea de trigo con chocolate de doce de leite con dados de mazá o forno.

É o resultado da fusión dunha crocante oblea con chocolate caramelizado, maridada con dados de mazá.

Así conseguimos un intenso sabor a toffe e nata con aromas frutais.

WHITE: Oblea de coco con chocolate branco e framboesa.

Aporta un sabor fresco e delicado onde os aromas a leite e nata predominan no chocolate, aínda que a verdadeira protagonista é a framboesa.

Explosión de sabor con ingredientes 100% naturais.

DARK: Oblea de canela e xenxibre con chocolate negro e perlas de caramelo salgado.

Combina o potente sabor do cacao co frescor do xenxibre da oblea.

Todo acompañado do matiz salgado que lle aportan as perlas de caramelo.

BROWN: Oblea de cacao con chocolate con leite e cacahuete caramelizado.

Crocante oblea de cacao que combina a perfección cos anacos de cacahuete e un chocolate de moita calidade.

¡Unha auténtica delicia!

Por qué escoller cando podes ter tódolos sabores nun só estoxo.

Este produto non está dispoñible porque non quedan existencias.

SKU 10009F36PAKCH Categories , , Tag
0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVolver á tenda