Pack esencial

Crema Hidratante + Xel & Champú para todo tipo de peles, totalmente naturais e veganos.

Todos os seus ingredientes son naturais, sostibles e de orixe vexetal.

Sen perfumes nin  colorantes engadidos.

Libre de transxénicos.

Ingredientes de orixe vexetal.

Produto Vegano.

Ingredientes:

Cada ingrediente está presente por unha boa razón:

Crema Hidratante facial e corporal totalmente natural e vegana.

Manteiga de  Karité: Elaborada a man mediante o método tradicional, por unha cooperativa que  empodera comunidades de mulleres rurais no norte de Ghana, respectuosa e sostible. Achega unha hidratación intensa de longa duración e actúa como protector solar natural.

Aceite de Oliva: Virxe extra e de primeira presión en frío. De orixe ecolóxica e provinte de olivas de cultivos sostibles recollidas a man no seu punto de maduración. Rexenera, nutre e suaviza a pel.

Caléndula: Obtida da flor. Calma profundamente, reduce a inflamación e rexenera a estrutura da pel.

Regalicia: Obtida da raíz da planta. Protexe grazas ás súas propiedades antimicrobianas e antioxidantes. Atrapa os radicais libres.

Listado INCI de Ingredientes: aqua, butyrospermum parkii (shea butter), olea europaea oil, calendula officinalis flower extract, glycyrrhiza glabra (licorice) root extract, coco-caprylate/caprate, hydrogenated olive oil unsaponifiables, cetearyl olivate, sorbitan olivate, olive oil polyglyceryl-6 esters, cetearyl alcohol, sodium stearoyl lactylate, betaine, propanediol, citrus aurantium amara fruit extract, citrus reticulata fruit extract, citrus sinensis peel extract, glycerin, tocopherol, saccharide isomerate, benzyl alcohol, xanthan gum, sodium citrate, citric acid, lactic acid.

Modo de emprego

Usar tantas veces como sexa necesario masaxeando suavemente sobre a pel limpa de cara e corpo. Apta dende o primeiro día para bebés, peques e persoas adultas, para toda a familia.

Xel & Champú totalmente natural e vegano.

Camomila: Obtida directamente da flor. Rexenera, suaviza e calma a pel. Actúa como  tonificante natural.

Avea: Engadida en forma de avenantramidas, un concentrado dos activos que potencian os efectos  calmantes, suavizantes e antioxidantes da avea. Inhibe a inflamación, reduce a irritación e prevén o  enroibamento.

Salvia: Obtida de plantas de cultivos sostibles, criadas en condicións  xéricas (extremadamente secas) para potenciar o seus efectos. Achega unha hidratación profunda e de longa duración. Potencia o efecto barreira da pel.

Tomiño: Escollido entre unha selección de follas e flores. Protexe das agresións externas e achega propiedades antioxidantes.

Listado INCI de Ingredientes: aqua, decyl glucoside, sodium lauroyl lactylate, cocamidopropyl betaine, propanediol, coco-glucoside, hydrogenated starch hydrolysate, maltooligosyl glucoside, sodium cocoyl glutamate, chamomilla recutita (matricaria) flower extract, thymus vulgaris (thyme) flower/leaf extract, betaine, avena sativa (oat) extract, salvia sclarea extract, citrus aurantium amara fruit extract, citrus reticulata fruit extract, citrus sinensis peel extract, glycerin, tocopherol, guar hydroxypropyltrimonium chloride, benzyl alcohol, sodium chloride, potassium sorbate, sodium benzoate, sodium hydroxide, citric acid, lactic acid.

Modo de emprego

Usar tantas veces como sexa necesario sobre pel e cabelo húmidos ou engadir na auga de baño. Apto dende o primeiro día para bebés, peques e persoas adultas, para toda a familia.

Este produto non está dispoñible porque non quedan existencias.

SKU 10075F35CREXC Categories , Tag
0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVolver á tenda