Chal de seda INCONDICIONAL
200X90 cm
Chal de seda 100% natural pintado a man
Pintora: María Feijoo
Peza única de seda natural pintada a man.
Está fixada cun proceso de vapor, o que fai que a pintura quede integrada dentro do tecido, respectando o seu brillo e caída natural, nestas pezas non hai dereito nin revés.
Coidados: pódese lavar a man con xabón neutro e admite ferro de vapor.