Camiseta manga longa enso
40,00 €
Camiseta 100% algodón en cor negro. Unisex. Serigrafía artesanal.
Marca: Boro
Normalmente, cando falamos dunha obra mestra da pintura, imaxinamos un lenzo fermosamente enmarcado. Supoñemos que o autor pasou meses ou mesmo anos puíndo cada detalle. Todo é impresionante: o concepto, a composición, a elección das cores; é unha verdadeira mostra de talento.
En cambio, un modesto círculo pintado con tinta negra sobre papel fino xaponés (é dicir, o que se chama enso) pode ser feito por calquera. Que ten de excepcional? O momento no que o pincel toca o papel. Un só trazo e acabouse. Non se pode corrixir. Na pintura con tinta chinesa non se fan bosquexos, non se usa a regra nin o compás. Cada enso é irrepetible, xa que nin un profesor é capaz de pintalo dúas veces igual. E diso se trata. Non é a habilidade nin o talento o que conta, senón a concentración.