
Bata escolar infantil de liño con algodón
38,00 €
Bata escolar infantil de liño con algodón
Autor da obra: Carmen de Lorenzo Díaz.
Marca: DELORENZO.
As batas escolares están deseñadas e confeccionadas por Carmen de Lorenzo, mestra de educación infantil. Están feitas con tea de liño e algodón, cosidas con fío de algodón orgánico e levan botóns de madeira de oliveira. Son transpirables e respectuosas co medio e coa pel. Levan cinta grande para colgar dos percheiros escolares e os puños con posibilidade de axustar o ancho. Os botóns son grandes e teñen unha lixeira curvatura para que os máis pequenos poidan abotoar sen axuda.
SKU
10146F29BATIN
Categories Complementos, Mandís