Banco orixe

Banco feito con madeira de batea

168 x 40 x 48 cm

Artesán: Fran Millán

Marca: Frouma

O mar. A nosa orixe.

A madeira coa que está fabricado este banco provén dunha batea da ría de Arousa. Dunha batea que permaneceu na Pobra do Caramiñal durante máis de 25 anos.

A rede foi recuperada do aparello dun barco do cerco de Ribeira.

Este banco é unha peza chea de vida, un anaco do Atlántico. É historia, é mar, é Frouma.

Este produto non está dispoñible porque non quedan existencias.

SKU 10203F320RIXE Categories , ,
0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVolver á tenda