Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Taller de vainicas e calados _ Nobelo a nobelo

Marzo 29 @ 4:00 p.m. - Marzo 30 @ 8:00 p.m.

María Gaiteiro é a artesá que está detrás da marca de moda e deseño, Nobelo a nobelo.

María quere poñer a proba as nosas destrezas coas agullas a través destas técnicas decorativas do téxtil, as vainicas e os calados. Se algo require este tipo de bordados son moita pacienciencia así que, temos 8 horas de taller repartidos en dúas xornadas para ver que tal se nos dá este traballo artesanal.

Traballaremos con tecidos de trama regular para facerlle un desfilado que logo anudaremos en vainicas ou cadrados e despois encheremos con nós e zurcidos. Elaboramos así espazos abertos na superficie da tela para crear patróns decorativos.

Tela, tesoiras, fío e agulla serán as nosas ferramentas. Queres poñer a proba a túa paciencia?

Actividade: Taller de vainicas e calados
Autora: María Gaiteiro
Marca: Nobelo a nobelo
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 29 e 30 de marzo
Horario: 16:00 – 20:00 h

Reserva a túa praza chamando ao teléfono: 881 307 352

Instagram: @nobelo_a_nobelo
Facebook: @nobelotecidos

@artesania_de_galicia
@xuntadegalicia
@camino_xacobeo

#creativasgalegas #mercadodacreatividade #artesania #diaseuropeosdelaartesania #artesaniagalicia #santiagodecompostela

 

   

 

Detalles

Comezo:
Marzo 29 @ 4:00 p.m.
Remate:
Marzo 30 @ 8:00 p.m.
Categoría do Evento:

Protagonista

CREATIVAS GALEGAS
Correo electrónico:
www.creativasgalegas.gal

Recinto

MERCADO GALEGO DA CREATIIVIDADE
Rúa da Caldeirería, 36
Santiago de Compostela, A Coruña 15916 España
+ Google Map
Teléfono:
881 307 352
Ver a Páxina Web do Recinto

Deixa un comentario

0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVolver á tenda