Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Taller de pintura _ Lúa

Febreiro 5 @ 4:30 p.m. - 8:30 p.m.

60€

Taller de pintura impartido por Lúa:

Para amantes da arte, e aquelas persoas que desexan experimentar e sacar a artista que levan dentro, o sábado, día 5 de febreiro, temos un taller artístico no Mercado Galego da Creatividade (Rúa da Caldeirería – 36, Santiago de Compostela).
Dálle renda solta á túa creatividade e goza dos beneficios que achega ao benestar o proceso creativo.

Lúa Gándara (O Porriño, 1988), é unha artista multidisciplinar graduada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Lúa ten un posgrao de Creación Sonora na Universidade de Barcelona e un máster en Profesorado de Educación Secundaria na especialidade de Artes e Debuxo.

A pintura é unha disciplina que nos permite coñecernos xogando, explorando emocións e relacionándonos coa nosa contorna e cos demais. A través da cor iremos explorando novos mundos inventados, deixándonos levar a lugares insospeitados. Neste taller de pintura traballaremos técnicas mixtas sobre papel, aprenderemos nocións básicas de cor e composición, e sobre todo, divertirémonos.

Non se necesitan coñecementos previos. Ao final, poderaste levar á casa un recordo moi especial para alegrar o teu fogar.
Mergúllache no proceso de creación dunha artista contemporánea e ven a vivir unha experiencia diferente!

 

Actividade: taller de pintura
Autora: Lúa
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 5 de febreiro
Horario: 16:30 – 20:30 h
Prezo: 60 € ( 55 € para as marcas do colectivo usando o código de desconto )

Merca o teu taller aquí Mercar

Detalles

Data:
Febreiro 5
Hora:
4:30 p.m. - 8:30 p.m.
Custe:
60€
Categoría do Evento:

Recinto

MERCADO GALEGO DA CREATIIVIDADE
Rúa da Caldeirería, 36
Santiago de Compostela, A Coruña 15916 España
+ Google Map
Teléfono:
881 307 352
Ver a Páxina Web do Recinto

Deixa un comentario

0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVolver á tenda