Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Taller de bordado ao aire _ Mailo

Abril 2 @ 4:30 p.m. - 8:30 p.m.

María é a persoa que está detrás da marca Mailo, e a encargada de impartir este taller de iniciación ao bordado ao aire.

Coñecemos esta técnica sobre todo porque ao longo dos anos foi unha decoración moi presente no noso traxe tradicional galego. Sen embargo o bordado ao aire foise adaptando aos tempos e a día de hoxe coñecemos múltiples aplicacións como pode ser a elaboracións de elegantes pezas de xoiaría.

Neste taller coñeceremos a forma na que antigamente se elaboraban adornos para os traxes de gala e elaboraremos, paso a paso, unha pulseira, partindo dun patrón tradicional galego e empregando un cordonciño de soutache, cortadillo e fío.

O taller está dirixido a todas aquelas persoas que teñan a  inquietude de coñecer os traballos artesanais que forman parte das nosas tradicións e pasar un bo rato desfrutando do traballo feito coas nosas propias mans.

Actividade: Taller de iniciación ao bordado ao aire
Autora: María Lobato
Marca: Mailo
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 2 de abril
Horarios e sesións:

  • 16:30 – 17:30 h
  • 18:00 – 19:00 h
  • 19:30 – 20:30 h

Reserva a túa praza, na sesión que mellor se che axeite, chamando ao teléfono: 881 307 352

 

Instagram: @mailo.design.galicia
Facebook: @Mailo

@artesania_de_galicia
@xuntadegalicia
@camino_xacobeo

#creativasgalegas #mercadodacreatividade #artesania #diaseuropeosdelaartesania #artesaniagalicia #santiagodecompostela

 

 

 

Detalles

Data:
Abril 2
Hora:
4:30 p.m. - 8:30 p.m.
Categoría do Evento:

Protagonista

CREATIVAS GALEGAS
Correo electrónico:
www.creativasgalegas.gal

Recinto

MERCADO GALEGO DA CREATIIVIDADE
Rúa da Caldeirería, 36
Santiago de Compostela, A Coruña 15916 España
+ Google Map
Teléfono:
881 307 352
Ver a Páxina Web do Recinto

Deixa un comentario

0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVolver á tenda