Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Exposición ‘Artista Invitado’ _ BoSCQuexeir@s

Xullo 16 @ 10:30 a.m. - Xullo 31 @ 8:30 p.m.

Inauguramos unha nova exposición no Mercado e abrimos unha nova proposta no espazo: ‘Artista Invitado’.

Estreamos esta iniciativa do ‘Artista Invitado’ para,  a través dela, amosar o traballo de xente creativa, que non está dentro do colectivo Creativas Galegas, e da cal nos gusta o traballo que fai.

Comezan con esta nova iniciativa, o grupo ‘BoSCQuexeir@s’.

E quen son BoSCQuexeir@s?

Pois un grupo diverso, cunha paixón común: o debuxo en compañía.

Desde os seus comezos, aló polo 2011, reúnense como mínimo  unha vez á semana, xeralmente na mañá dos sábados, para debuxar na rúa e desfrutar departindo entre cadernos, lapis, acuarelas… (“e algunha que outra cervexa”).

Na súa traxectoria como grupo, xa participaron en proxectos como: a publicación dun libro de debuxos de Santiago, colaboraron cos anciáns da Residencia Volta do Castro, coa asociación Agadea e con outros grupos de Sketchcrawl de diferentes partes do mundo.

Tamén realizaron exposicións colectivas en lugares como: a Biblioteca Ánxel Casal,  a Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Cafetería Airas Nunes, o Museo Masó en Bueu, as Bodegas Nairoa en Ourense, o Mosteiro de San Martiño Pinario…

Nesta exposición do Mercado Galego da Creatividade quixeron reflectir os vínculos coa nosa cidade, proxectando as distintas visións dos seus recunchos, tantas veces sentidos e paseados.

“Visións íntimas e diversas, coma diverso é o grupo que integramos en idades, profesións, afeccións, técnicas e sentires. Un grupo aberto e multicultural, co que podes contactar a través  da nosa páxina de Facebook ou do noso blog “Boscquejeros” se che interesa desfrutar debuxando con nós e compartindo momentos, rúas e pinceis.”

 

Título da exposición: “Recantos de Santiago”
Técnica: pintura e debuxo
Autoras/es: BoSCQuejeros

      • Adela T. Maroño
      • Nanda Cabaleiro
      • Noemí Moisés
      • Yolanda Novo
      • Diego Fiuza
      • Elena Cal
      • Marta Moreira
      • M. Isabel Llerena
      • Antonia Soto
      • Pilar Barral
      • Olga Lopez
      • Manoel Bonaval
      • Rosario Español
      • Marga Santiago
      • Chus Arias
      • Jaqueline Cornejo

Lugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade
Data: 16 – 31 de xullo

 

Blog: BoSCQuejeros
Facebook: boSCQuejeros

Detalles

Comezo:
Xullo 16 @ 10:30 a.m.
Remate:
Xullo 31 @ 8:30 p.m.
Categoría do Evento:

Deixa un comentario

0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVolver á tenda