Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Exposición de pintura ‘Mulleres transparentes’ _ Celia Pía

Xuño 30 - Xullo 13

‘Mulleres transparentes’ é o título da nova exposición que abrimos no Mercado.

​“Laberintia, Caosífora, Aqüiralis…, son tan só os nomes dalgunhas das mulleres​ que compoñen esta serie de estampas.

​Nomes que acubillan a sustancia mesma​ da que está feita cada muller, a relación consigo mesma e co mundo no que vive.

​Transparente é aquela a través da que se ve con claridade.

Ser transparente é atreverse a mostrarse.

Coñecerse, ser dona de ti mesma, exercer a liberdade.

E estas son, mulleres transparentes.”

Así nos presenta, Celia Pía, a colección de pinturas desta exposición na que resaltan, con gran protagonismo, a música, as cores e as súas personaxes femininas, transparentes, bailando ao ritmo do son de cada lenzo.

 

Título da exposición: “Mulleres transparentes”
Técnica: pintura
Autora: Celia Pía
Marca: Celia Pía
Lugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade
Data: 30 de xuño – 13 de xullo

 

Instagram: @celia_pia
Facebook: @arteceliapia
Pinterest: @bilonguita

 

Detalles

Comezo:
Xuño 30
Remate:
Xullo 13
Categoría do Evento:

Protagonista

CREATIVAS GALEGAS
Correo electrónico:
www.creativasgalegas.gal

Deixa un comentario

0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVolver á tenda