loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Exposición de arte téxtil _ Nobelo a nobelo

Agosto 17, 2022 - Agosto 31, 2022

Dicía Uxío Novoneyra, nun dos seus poemas, «nobelo a nobelo faise o mantelo». A María Gaiteiro gustoulle tanto a expresión, e pareceulle que definía tan ben o seu traballo, que decidiu collela emprestada para o nome do seu proxecto, e para o título da exposición que temos aberta, desde hoxe, no Mercado Galego da Creatividade.

Despois de formarse en corte e confección, María abriu unha tenda de teas en A Estrada. Pouco a pouco, esta costureira, foi deixando fluír a súa faceta creativa, deseñou unha liña de produtos propios e creou a súa firma ‘Nobelo a nobelo’. Nun primeiro momento facía pezas decorativas para a tenda, mais ao ver que tiñan tanto éxito, comezou a crear, cos anaquiños das teas que ían quedando, outros moitos produtos.

Saíron así os primeiros bonequiños de algodón e liño, feitos a partir de patróns dela. Despois viñeron as prendas de bordado á man para bebés e pasiño a pasiño, as mochilas, os bolsos, as carteiras, fundas varias, e toda unha longa ringleira de produtos de creación propia.

Para as súas creacións, inspírase en pezas como o traxe tradicional galego e en cantas sabas e manteis antigos atopa. Encántalle a combinación de diferentes teas, puntillas, e a mestura destas con outros materiais como o coiro. Mais se en algo destaca María especialmente é nos bordados á man. Bordando é onde esta creativa mostra todo o seu potencial.

Pezas feitas á man, con alma, nas que cada puntada é un signo de vida en calma e autenticidade. Isto é o que ides atopar se visitades a súa exposición no Mercado.

Descubre a esta artesá.

 

Título da exposición: “Nobelo a nobelo faise o mantelo”
Técnica: costura e bordado tradicional
Autora da exposición: María Gaiteiro
Marca: Nobelo a nobelo
Lugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade
Data: 17 – 31 de agosto

Instagram: @nobelo_a_nobelo

Detalles

Comezo:
Agosto 17, 2022
Remate:
Agosto 31, 2022
Categoría do Evento:
0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando