Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Exposición ‘a arte de tecer’ _ Belategui Regueiro

Setembro 18 - Outubro 2

Baixo o título de ‘A arte de tecer’,  Óscar e Luisa expoñen parte do seu traballo no Mercado Galego da Creatividade.

En 1984 achegáronse por primeira vez a un tear. Foi por inquietude persoal pero gustoulles tanto, que dende entón non deixaron de profundar nesta arte e xa nunca mais se separaron dun tear. Tanto é así, que con eles ven un tear ao Mercado. Así que si queredes velos traballar en directo,  non tedes mais que achegarvos á nosa tenda.

No ano 2004 fundaron a marca Belategui Regueiro para facer desta arte o seu medio de vida. Unha marca que é toda unha homenaxe ás súas propias nais,  pois Belategui é o segundo apelido da nai de Óscar e Regueiro é o segundo apelido da nai de Luisa.

Baixo esta firma, Óscar e Luisa crean prendas e complementos de moda e decoración con teas tecidas á man, en teares de madeira, como sempre se fixo en Galicia.
Usan fibras de sempre como son o liño ou a lá, e tamén empregan materiais non tan convencionais algúns deles, para esta técnica, como son: seda, bambú, alpaca, coiro, neopreno…
Sempre empregando as técnicas artesanais que enriquecen os tecidos.

Na súa gama de traballos empregan as técnicas do tecido en teares de alto e baixo lizo, a impresión botánica, o tinguido artesanal e a técnica de tinguido manual xaponesa shibori.

Se non coñeces o traballo de Óscar e Luisa, non deixes de visitarnos.

 

Título da exposición: “A arte de tecer”
Técnica: tecido en tear, impresión botánica, tinguido artesanal e shibori
Autoraes da exposición: Luisa e Óscar
Marca: Belategui Regueiro
Lugar da exposición: Mercado Galego da Creatividade
Data: 18 de setembro – 2 de outubro

 

Instagram: belategui_regueiro
Facebook: Belategui Regueiro

Detalles

Comezo:
Setembro 18
Remate:
Outubro 2
Categoría do Evento:

Recinto

MERCADO GALEGO DA CREATIIVIDADE
Rúa da Caldeirería, 36
Santiago de Compostela, A Coruña 15916 España
+ Google Map
Teléfono:
881 307 352
Ver a Páxina Web do Recinto

Deixa un comentario

0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVolver á tenda