loader image
Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Escaparate Vivente sobre a filigrana do sapo galego _ Carla Alfaia

Abril 14, 2022 @ 11:00 a.m. - 1:30 p.m.

Que é un sapo?

O sapo galego é unha peza de xoiaría tradicional.
En formato colgante ou broche, o sapo é unha xoia popular, de gran tamaño e feito en materiais como o ouro ou a prata.  Ten gran importancia nos séculos XVIII e XIX xa que era un elemento esencial para as mulleres lucir nos seus traxes de gala.
Ten  forma de triángulo invertido e está composto por tres partes independentes e articuladas entre si. Isto fai que a xoia teña movemento e fluidez.

Carla Alfaia é unha das xoieiras do colectivo e quere, con este Escaparate Vivente, dar protagonismo, e amosar esta xoia que forma parte da nosa historia e temos tan ligada popularmente, ao tradicional traxe rexional. 

Di Carla que para ela é unha xoia moi especial e explica por que:

«Esta xoia simboliza o sol nacente e o aparato reprodutor feminino.
Para min, son amuletos protectores, talismáns profilácticos que protexen á persoa que os porta. Son a representación da vida e forza e por suposto, símbolo de muller e reflexo da alma da súa dona.
Por iso, estes colgantes tan especiais que deseño e que crean as miñas mans, elabóranse amodiño, con mimo, e prestando atención ao máis mínimo detalle.
Estes aderezos galegos son xoias únicas, pezas de autor orixinais.
Unha por cada muller: irrepetible, inimitable e exclusivo

 

Actividade: Escaparate Vivente de composición e soldadura da filigrana do sapo galego
Autora: Carla Canedo
Marca: Carla Alfaia
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 14 de abril
Horario: 11:00 – 13:30 h

Instagram: @carlaalfaia
Facebook: @carlaalfaia

 

Detalles

Data:
Abril 14, 2022
Hora:
11:00 a.m. - 1:30 p.m.
Categoría do Evento:

Protagonista

Recinto

0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando