Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Escaparate Vivente do ‘Roteiro Cooperativo’ _ Néboa na ría

Xullo 23 @ 11:30 a.m. - 1:00 p.m.

Temos un novo Escaparate Vivente con motivo da visita guiada programada para este sábado, día 23 de xullo, dentro do ‘Roteiro Cooperativo’.

Creativas Galegas é unha das cooperativas que participamos nesta ruta coa finalidade de abrir as portas a coñecer desde dentro, a nosa experiencia e a nosa forma de traballo.

Aparte de contar desde dentro, a nosa organización, obxectivos e motivos de funcionamento, tamén queremos ofrecer ás persoas asistentes a esta ruta guiada, a experiencia do traballo en directo por parte dunha das persoas creativas da tenda.

Neste primeiro roteiro que ten lugar o sábado, día 23 de xullo, estará traballando en directo Inés, da marca ‘Néboa na ría’.

Inés traballa con delicadeza e elegancia a madeira e a pintura desta, para crear obxectos con alma, que transmiten paz, calidad, calidez, fermosura e sencillez e  que son elaborados con moito mimo.

Na súa mostra de traballo en directo, vai pintar varias pezas de madeira como son pratos e táboas para usar na cociña. Ensinaranos a preparar a pintura, con base de leite para que sexa compatible co seu uso para a alimentación. Mostrará a mestura de pigmentos con auga e logo aplícaa con pinceis sobre a propia madeira.
Tras dúas capas de pintura, deixamos secar para logo lixala e darlle cera, unha cera que ela mesma prepara.

 

Aínda non te inscribiches no Roteiro? Faino aquí: https://i.gal/Roteiro

 

Actividade: Escaparate Vivente de pintura de madeira compatible coa alimentación
Autora: Inés Fernández
Marca: Néboa na ría
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 23 de xullo
Horario: 11:00 – 13:30 h

 

Instagram: @neboanaria
Facebook: @Néboa na ría

 

Unión de Cooperativas: EspazoCoop
Concello de Santiago: http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=21678&lg=gal

#SomosCoop #somoscoop #Somoscoop

 

Queres participar no sorteo dun lote de regalos? Faino entrando no Facebook de EspazoCoop: https://www.facebook.com/espazocoop

 

Coñece os proxectos de economía social desde dentro!
Esperámoste para responder a todas esas dúbidas que rebolen entorno ás cooperativas.

Detalles

Data:
Xullo 23
Hora:
11:30 a.m. - 1:00 p.m.
Categoría do Evento:

Deixa un comentario

0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVolver á tenda