Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Escaparate Vivente do ‘Roteiro Cooperativo’ _ Espantalla

Xullo 29 @ 6:30 p.m. - 8:00 p.m.

Seguimos coas visitas guiadas dentro do ‘Roteiro Cooperativo’ e a segunda cita é este venres, día 29 de xullo.

O Escaparate Vivente preparado para esta segunda ruta vai ser o de Mónica García e a súa marca Espantalla.

Nesta visita, aparte de contarlle tamén o proxecto de Creativas Galegas, desde o seu funcionamento interno, ás persoas inscritas neste segundo roteiro, imos ver unha mostra de traballo en directo da nosa compañeira Mónica, recentemente estreada como artista plástica.

Teremos a ocasión de ver elaborar no directo, un cesto trenzado. O material empregado para facelo será plástico reutilizado que iría ao lixo. Vai facer o proceso completo de creación do cesto, comezando coas botellas aínda con etiqueta: preparación, corte, trenzado e pegado, ata, se lle dá tempo, rematar o cesto en directo.

 

Inscríbete na segunda visita guiada deste Roteiro e anota a data:  venres, día 29 de xullo.
Onde e como te podes anotar ao roteiro? Pois nesta ligazón: https://i.gal/Roteiro

 

Actividade: Escaparate Vivente de creación dun cesto trenzando de plástico reutilizado
Autora: Mónica García
Marca: Espantalla
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 29 de xullo
Horario: 18:45 – 20:15 h

 

Instagram: @espantalla

Unión de Cooperativas: EspazoCoop
Concello de Santiago: http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=21678&lg=gal

#SomosCoop #somoscoop #Somoscoop

 

Queres participar no sorteo dun lote de regalos? Faino entrando no Facebook de EspazoCoop: https://www.facebook.com/espazocoop

 

Coñece os proxectos de economía social desde dentro!
Esperámoste para responder a todas esas dúbidas que rebolen entorno ás cooperativas.

Detalles

Data:
Xullo 29
Hora:
6:30 p.m. - 8:00 p.m.
Categoría do Evento:

Deixa un comentario

0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVolver á tenda