Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Escaparate Vivente de Municas Imperfectas _ Pécora

Marzo 31 @ 11:00 a.m. - 1:30 p.m.

Mónica preséntanos, no Mercado Galego da Creatividade, as súas ‘Municas Imperfectas’. Son bonecas de trapo recicladas e articuladas xa que constan dun esqueleto de arambre que lle permite a
articulación. Están elaboradas a partir de elementos reciclados coma tecidos, recheos de guata e lá.

Esta deseñadora que podemos atopar baixo a marca Pécora, desta volta vainos ensinar a crear pequenas esculturas de trapo dotadas de personalidade propia. As bonecas non son só xoguetes, son recordos, son avoas dando agarimos, son artistas na procura de pequenas personaxes que poden ser tan tradicionais coma transgresoras.

As técnicas empregadas serán o deseño dun patrón, modelado do arambre, corte e confección do corpo, recheo e unión dos membros, bordado do rostro e confección do cabelo con lá.
Para elaborar a vestimenta crearemos un patrón ou podemos modelar directamente sobre a boneca, confeccionamos e dotamos de vida a nosa ‘Munica Imperfecta’.

Actividade: Escaparate Vivente de creación dunha boneca de trapo articulada e reciclada
Autora: Mónica Rodríguez
Marca: Pécora
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: 31 de marzo
Horario: 11:00 – 13:30 h

 

Instagram: @pecoramodartesana
Facebook: @pecoramodartesana

@artesania_de_galicia
@xuntadegalicia
@camino_xacobeo

#creativasgalegas #mercadodacreatividade #artesania #diaseuropeosdelaartesania #artesaniagalicia #santiagodecompostela

 

Detalles

Data:
Marzo 31
Hora:
11:00 a.m. - 1:30 p.m.
Categoría do Evento:

Protagonista

CREATIVAS GALEGAS
Correo electrónico:
www.creativasgalegas.gal

Recinto

MERCADO GALEGO DA CREATIIVIDADE
Rúa da Caldeirería, 36
Santiago de Compostela, A Coruña 15916 España
+ Google Map
Teléfono:
881 307 352
Ver a Páxina Web do Recinto

Deixa un comentario

0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVolver á tenda