Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Escaparate vivente ‘tecendo no tear’ _ Belategui Regueiro

Setembro 19 @ 12:00 p.m. - Outubro 2 @ 7:30 p.m.

Algunha vez escoitaches o son que fai o tear ao tecer?

Nos tempos nos que vivimos de ritmos acelerados, pararnos un intre a escoitar os sons que chegan paseniño con cheiro a memoria, orixe e tradición, fai que acougue o noso ritmo e recórdanos de onde vimos.

Entre eses sons está o dos teares cando tecen.

Escoitáchelo algunha vez?

Se non o coñeces, ven ao Mercado a ver como Luisa, da marca Belategui Regueiro, tece cada día en directo con el.

Gustaríache pedirlle unha peza personalizada?  Podes pedirlla e ao longo do día tena rematada.

Se desexas ver traballar a Luisa no directo e non te podes achegar nos horarios que indicamos, dínolo porque podemos facer andar o tear para ti.

Non te vaias da cidade sen escoitar tecer ao tear.

 

Actividade: Escaparate Vivente ‘tecendo nun tear de madeira’
Autora: Luisa Estévez
Marca: Belategui Regueiro
Lugar: Mercado Galego da Creatividade
Data: ata o día 2 de outubro
Horario: 12:00 – 13:00 h e de 18:30 – 19:30 h

 

Instagram: belategui_regueiro
Facebook: Belategui Regueiro

Detalles

Comezo:
Setembro 19 @ 12:00 p.m.
Remate:
Outubro 2 @ 7:30 p.m.
Categoría do Evento:

Recinto

MERCADO GALEGO DA CREATIIVIDADE
Rúa da Caldeirería, 36
Santiago de Compostela, A Coruña 15916 España
+ Google Map
Teléfono:
881 307 352
Ver a Páxina Web do Recinto

Deixa un comentario

0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVolver á tenda