Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Abrimos a tenda online de Creativas Galegas! ; )

Outubro 29, 2021

Estamos de celebración!

Creativas Galegas abre, o día 5 de decembro de 2020,  o seu primeiro espazo físico de venta, O Mercado Galego da Creatividade.
Ese foi o noso primeiro fito. O segundo, crear unha ventá online para que desde calquera recuncho do mundo se nos poida seguir, e ver, con tan só asomarse a este lugar. Conseguido!
Despois de moito traballo, xa podemos abrir esta xanela dixital de Creativas Galegas.

Un espazo 2.0 que vai ir crecendo pouco a pouco, para converterse na ventá a través da cal coñecer a creatividade e o produto artesán galego, as firmas baixo as que se comercializan estes produtos e sobre todo, descubrir ás persoas e as historias que están detrás de cada obra.

Esperamos que esta web sexa un punto de encontro coa creatividade, a arte, a artesanía e o traballo manual de calidade feito a lume lento.

 

 

Detalles

Data:
Outubro 29, 2021

Protagonistas

CREATIVAS GALEGAS
AGRUOSTUDIO

Recinto

MERCADO GALEGO DA CREATIIVIDADE
Rúa da Caldeirería, 36
Santiago de Compostela, A Coruña 15916 España
+ Google Map
Teléfono:
881 307 352
Ver a Páxina Web do Recinto

Deixa un comentario

0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVolver á tenda