Somos

A FINALIDADE

Unímonos baixo o amparo dunha única marca, nunha única entidade empresarial, co fin de conseguir logros comúns como:

  • Poder de negociociación grazas a unha negociación colectiva.
  • Mais visibilidade e tráfico de clientes obxectivos aos nosos espazos de venda pola suma de forzas e recursos de todas as persoas do colectivo.
  • Competir no mercado co noso produto artesanal fronte ao produto importado.

Traballando xuntos, coma unha unidade, comprobamos certas vantaxes que só están ao alcance de grandes entidades ou empresas que xa teñen unha traxectoria no mercado.

A MARCA

Creativas Galegas é a marca paraugas que reúne, acolle, impulsa e dá visibilidade a profesionais do eido cultural galego: creativos, artesáns, artistas escénicos e selectos produtores, que creamos e deseñamos en Galicia, produtos e servizos de calidade.

SOMOS ECONOMÍA SOCIAL

Somos unha entidade de economía social, unha Sociedade Cooperativa Galega sen ánimo de lucro.

Gústanos traballar de xeito horizontal e de forma solidaria.

Os nosos valores son de axuda e mellora mutua, responsabilidade e corresponsabilidade, igualdade, equidade, solidariedade, honestidade, transparencia, autonomía, autoxestión, responsabilidade e preocupación polas persoas.

AS RAZÓNS

A iniciativa xurde das necesidades que compartiamos varias persoas artesás e creativas do eido cultural galego.

Entre esas necesidades están:

  • Ter un lugar único e especializado onde a nosa clientela poida, de xeito moi sinxelo, atopar moitas marcas e persoas creativas galegas.
  • Un espazo que nos facilite coñecernos entre persoas creativas para poder colaborar, compartir coñecementos e crear sinerxías.
  • Un lugar onde mostrar o noso traballo en directo para divulgar os procesos creativos artesanais.
  • Un sitio no que, mediante un trato directo e próximo, atender aos nosos clientes, que coñezan de primeira man os produtos e servizos que ofrecemos, as profesionais que estamos detrás e a nosa filosofía de traballo.

Reflexionando sobre ese espazo pensamos:

«Se o compartimos, será máis asumible en canto a custos. E cantas máis persoas creativas sexamos a compartilo, máis suma de forzas, máis tráfico de clientes obxectivos cara ás nosas marcas e máis rendible será o negocio».

Así xorde o noso lema ‘…compartir para crecer!’

#somoscreativasgalegas

Es unha persoa creativa?

0
    0
    A túa cesta
    A túa cesta está baleiraVolver á tenda