loader image

Coñecendo a Nuria Prado e Yesenia Guerrero

Unha idea orixinal de Laura González.

Que mellor fórmula hai para coñecer o traballo dunhas artistas que a de que sexan elas mesmas as que nos falen sobre o seu proceso creativo?

Compartimos convosco un podcast que vai espertar a vosa alma imaxinativa, dende a voz dos seus protagonistas. Unha visión sobre as diferentes marcas que aniñan baixo o colectivo de Creativas Galegas dende o seu interior. En cada un dos capítulos que conforman esta paisaxe sonora coñeceremos e escoitaremos as persoas que se agochan tras estas marcas.

Neste capítulo presentamos a Nuria Prado e Yesenia Guerrero que nos falarán do seu proxecto e nos mostrarán a forma de expresar a súa arte.

A marca:

Brigantia Orfebres.

Quen está detrás do proxecto:

Nuria Prado e Yesenia Guerrero.

Profesión:

Xoiería Artística.

Breves pinceladas da técnica empregada:

Facemos xoiería artesanal empregando técnicas ancestrais do oficio tradicional. Facemos deseños contemporáneos introducindo técnicas características da xoiaría compostelá, como a filigrana e o acibeche. Inspirámonos na nosa contorna, na natureza e a cultura que nos rodea.

Momento ou motivo de inicio do proxecto:

Aínda que dende que nos coñecemos na Escola de Arte sabiamos que algún día teriamos o noso propio taller, o momento causante foi hai 3 anos. Aí démonos conta de que necesitabamos expresarnos por nós mesmas, coa nosa propia marca, e xestionar o noso tempo e creatividade.

Que debe plasmar o traballo final:

Alma e beleza. Cada peza conta unha historia e leva un cachiño noso; que transmita todo iso é o máis importante para nós.

Unha película, un libro e unha canción de inspiración:

Non somos moito de películas.

Se algo nos define e nos une ás dúas, son as series. Inspírannos moito as series históricas, épicas e de fantasía porque nos encanta fixarnos nas caracterizacións.

En canto aos libros recomendamos “El camino del artista”, de Julia Cameron, que é una guía para encontrarte contigo mesmo e coa túa creatividade.

E a nosa banda sonora no taller é a BSO de “Guardianes de la galaxia” polo bo rollo que nos transmite e porque nos activa.

Un consello para alguén que quere emprender no eido cultural galego:

Emprendede sempre con algo que che guste porque o camiño vai ser duro, mais se che gusta o que fas, sempre merecerá a pena.

O mellor consello recibido?

Nunca dar un presuposto no momento no que che fan o encargo. Sempre é mellor pensalo con calma para dar o prezo axeitado.

Por que formar parte de Creativas Galegas? Que pode aportar e que aporta?

Nós sempre cremos que unindo forzas se chega máis lonxe e se abren máis portas; iso é o que está a ocorrer con Creativas Galegas. Unímonos marcas moi diferentes, cunha mesma esencia da cal poden saír sinerxías, proxectos en común e coworking…, sen esquecernos das magníficas persoas que hai detrás de cada marca.

Deixa un comentario


0
    0
    Tu carrito
    Tu carrito está vacíoSeguir comprando